La Federación participó en este encuentro el día martes 29 de diciembre de 2015 organizado por el Ayuntamiento de Lugo. Y estuvo representado por su presidente D. Gerber Martínez Polanco quien en esta ocasión intervino en nombre de los peruanos residentes en Lugo.
Os colectivos de inmigrantes fortalecen lazos e envían unha mensaxe de paz, solidariedade e tolerancia no primeiro encontro PAZificar.
No encontro interviron representantes das asociacións de inmigrantes de Perú, Arxentina, Uruguai, Marrocos e Senegal.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua impulsou o primeiro encontro PAZificar, un acto intercultural de convivencia celebrado este martes no Salón de Plenos no que os colectivos de inmigrantes da cidade fortaleceron lazos de unión e comunicación entre si e co propio Concello, e lanzaron unha mensaxe de paz, solidariedade e tolerancia.
“Este é o primeiro paso dunha senda na que temos que avanzar, pois quizais traballamos moito coas asociacións e colectivos de inmigrantes a nivel individual, pero falta máis interrelación para impulsar actividades conxuntas”, subliñou a Alcaldesa, Lara Méndez, que participou no encontro xunto coa concelleira de Cultura, Carmen Basadre, a de Benestar Social, Ana González Abelleira, e o voceiro municipal, Miguel Fernández, entre outros membros da Corporación.
“Todos sodes lucenses, dende o primeiro día que chegastes a Lugo ata o final da vida”, sinalou a rexedora para recalcar o espírito integrador da administración local e da propia cidade, na que “convivimos persoas de 89 nacionalidades distintas”. Lara Méndez agradeceu o traballo da comunidade inmigrante e a súa contribución “a paliar a grave crise demográfica que vivimos”. “Galicia é emigrante e aló a onde vamos os galegos queremos conservar a nosa cultura, por iso entendemos perfectamente que vós desexedes preservar a vosa alí onde esteades”, afirmou.
Intervención de Dª. Lara Méndez López, Alcaldesa de Lugo en el 1er. Encontro PAZificar, organizado por el Ayuntamiento de Lugo.
Intervención de Dª. Carmen Basadre Vázquez, Concellería Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua.
Intervención de D. Gerber Martínez Polanco, Presidente de la FEDAPG.
Foto de familia de los participantes.